23 de novembro de 2010

Exposicións destacadas

Dende o próximo día 25 ata finais de febreiro a sé da Fundación Caixa Galicia de Santiago de Compostela acolle a exposición Tempo de Aeroportos.Colección AENA de Arte Contemporánea. Nela poderase visitar,entre outras obras de afamados escultores,unha das pezas mitolóxicas do artista colombiano Fernando Botero: O rapto de Europa.
Ademais Caixanova acolle no seu centro social da mesma cidade a mostra "Colección Zanchi. Grandes maestros".Nela pércorrese a arte europea a través de figuras tan importantes como Tiziano,Caravaggio,Rubens,Murillo ou Luca Giordano e inclúe un bronce, "Atropos", do polifacético Miguel Anxo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario